Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.280

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matématicas, a Concepción Vidal Martín.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da universidade da Coruña do 3 de outubro de 1995 (BOE do 25 de outubro) para a provisión da praza número 054/1994 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemáticas desta universidade, a favor de a favor de Concepción Vidal Martín, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Concepción Vidal Martín, profesora titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemáticas desta universidade.

A Coruña, 12 de xullo de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

95-5018