Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 04 de agosto de 1995 Páx. 6.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1995 pola que se convoca concurso público número 19/1995 para a adquisición de diverso material de laboratorio para E.T.U. Forestais de Pontevedra, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convocar concurso público nº 19/1995 para a adquisición de diverso material de laboratorio para E.T.U. Forestais de Pontevedra, dependente desta consellería.

1.-Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación. Na forma que sinala a cláusula 6.5.8ª do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.

2.-Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11, Rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, Santiago de Compostela.

3.-Prazo de presentación de proposicións: comezará ó día seguinte da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de agosto de 1995 ás 14 horas.

4.-Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

5.-Documentación que presentarán os licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6.-Apertura de proposicións económicas: realizarase o día 1 de setembro a partir das 12 horas.

7.-Prazo de execución: 20 días contados a partir da notificación da adxudicación, nos de anualidade 95, e antes do 10 de xaneiro de 1996, os de anualidade 96, podendo estes últimos entregarse con anterioridade.

8.-Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9.-Orzamento de licitación: 18.057.359 ptas.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

5460