Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 04 de agosto de 1995 Páx. 6.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1995, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de alargamento e mellora da estrada Lindín-Paraxes (LU-122), tramo: Paraxes-Bretoña, clave: N/LU/91.7.1.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia do 15 de marzo de 1995 foi aprobado o proxecto das obras de alargamento e mellora da estrada Lindín-Paraxes (LU-122), tramo: Paraxes-Bretoña, clave: N/LU/91.7.1.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 20 de abril de 1995 declárase urxente, para os efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócase ós propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello da Pastoriza e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación destes, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerase necesario.

Lugar: Concello da Pastoriza. O levantamento das actas terá lugar no salón do Concello da Pastoriza.

Día: 16 de agosto de 1995, de 9.30 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Expedientes do 1 ó 55 da Pastoriza.

Día: 17 de agosto de 1995, de 9.30 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Expedientes do 56 ó 112 da Pastoriza.

Día: 18 de agosto de 1995, de 9.30 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Expedientes do 113 ó 169 da Pastoriza.

Día: 21 de agosto de 1995, de 9.30 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Expedientes do 170 ó 223 da Pastoriza.

Ó devandito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titu

laridade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse, á súa custa, se o considerasen oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tida conta destes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na Ronda da Muralla, nº 131, 27001 Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 26 de xullo de 1995.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Lugo

95-3889