Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 18 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña-Servicio de Consumo, pola que se comunica o estado do expediente 15-045/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as fases nas que se atopan os expedientes a eles instruídos polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 de xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Nome: Jaime Domínguez Alonso (Carsa).

NIF: 34.702.451-M.

Expediente: 15-045/1995.

Prazo: 10 días.

Trámite: iniciación.

Os ditos interesados dispoñen do prazo que en cada caso se indica, contado a partir da publicación do presente edicto, para que poida examina-lo expediente, na Delegación de Industria e Comercio da Coruña, edificios múltiples, andar 2º, Praza de Luis Seoane, s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que considere pertinentes, conforme o disposto na citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 18 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4598