Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de maio de 1995, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente número DX-00338-I-94).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo Subdirector Xeral de Inspección da Dirección Xeral de Transportes Terrestres da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dentro do prazo de un mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 11 de maio de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: DX-00338-I-94.

Matrícula: C-6431-Y.

Denunciante: LE 90R0033289433.

Denunciado: Carlos Ramos Piñeiro.

Último enderezo coñecido: Santalla Carriño, 277. 27800 Vilalba (Lugo).

Feito denunciado: Realizar transporte de mercadorías (óxido magnésico) co vehículo matrícula C-6431-Y, que ten un P.M.A. de 38.000 kg, e que presenta un peso total en báscula de 39.720 kg, o que supón realizar transporte cun exceso de 1.970 kg, que representa un exceso de peso do 5,18% sobre o P.M.A. do vehículo.

Data, hora, estrada e p.k.: 27-10-1994, 12.04, N-VI, 496,600.

Precepto infrinxido: Art. 142 E) LOTT. Art. 199 E) RGTO.

Precepto sancionador: Art. 143 LOTT. Art. 201 RGTO.

Sanción imposta: 40.000 ptas.

95-3687