Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.178

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Carnota.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Carnota, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 10-5-1995, subscrito en representación da parte económica polo representante do concello, e, pola parte social, polo representante dos traballadores, o día 13-3-1995, de conformidade co disposto nos artigos 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa publicación no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás repre

sentacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de xuño de 1995.

Fernando Rodríguez Córcoba

Delegado provincial da Coruña

CONSTITUCIÓN DA ACTA DA COMISIÓN NEGOCIADORA

Sendo as 10 horas do 11 de marzo de 1995, no salón de actos da Casa do Concello de Carnota, reunidos os abaixo relacionados, representando ó concello e á parte social, respectivamente,

ACORDAN:

Primeiro.-Constituí-la comisión negociadora para o persoal laboral do Concello de Carnota.

Asistentes:

Manuel S. Brea Beiro.

José M. Orodea Santamaría.

Mª Dolores Pena Pena.

José M. Castro Villar.

Carmen Lariño Senande.

Alfredo Cambeiro Sambade.

Lois Lado Martínez.

Composición da comisión negociadora:

-Polo concello:

Manuel S. Brea Beiro.

José M. Orodea Santamaría.

Asesor: Mª Dolores Pena Pena.

-Pola parte social:

José M. Castro Villar.

Carmen Lariño Senande.

Alfredo Cambeiro Sambade.

Asesor: Lois Lado.

E para que conste, asinan a presente acta no lugar e data arriba indicados.

ACTA ÚNICA

COMISIÓN NEGOCIADORA

Sendo as 11 horas do día 13 de marzo de 1995, no salón de actos da Casa do Concello de Carnota, reunidos os abaixo relacionados, membros da comisión negociadora do convenio colectivo do Concello de Carnota.

ACORDAN:

Primeiro.-Prorrogar tódolos artigos do convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Carnota ata o 31 de decembro de 1995 de acordo co estipulado no artigo 2 do devandito convenio.

Segundo.-Incrementar nun 3,5% tódolos conceptos retributivos que afectan ó persoal laboral no ámbito do convenio con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1995.

Terceiro.-As cantidades asignadas no artigo 16 quedan da seguinte forma:

-Educación primaria: 10.000 ptas./anuais por fillo.

-Educación secundaria: 15.000 ptas./anuais por fillo.

-Educación universitaria: 20.700 ptas./anuais por fillo.

Sen máis temas que tratar dáse por terminada a negociación e inícianse os trámites necesarios para remiti-los acordos ó delegado provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para a súa publicación no BOP.

E para que conste e produza os efectos oportunos, asinámo-la presente acta no lugar e data arriba indicados.

ANEXO III

TÁBOAS SALARIAIS

CategoríaS. baseTrienioC.P. (plus)

Economista198.1554.512
Asistente social198.1554.512
Graduado social198.1554.512
Of. 1ª Conduc.114.8975.74511.490
Encarg. Ins. Dep.114.8975.74511.490
Peón107.2565.745 11.490 (*)
Empr. limpeza107.2565.745

Disposición aclaratoria segunda: incremento do 3,5% das cantidades que había no ano 1994, quedando 5.745 ptas./mes, respectivamente.

CONCEPTOS FIXOS EN CÓMPUTO ANUAL

CategoríaSalario baseP.C. anualFest. anual

Economista2.774.168
Asistente social2.774.168
Graduado social2.774.168
Of. 1ª Conduc.1.608.564206.805 (*)60.734
Encarg. Ins. Dep.1.608.564137.874
Peón1.501.584 206.805 (**)60.734
Empr. limpeza1.501.584

(*) Refírese ó conductor do camión do lixo.

(**) Refírese ós peóns do camión do lixo.

E, para que conste, asinámo-lo presente anexo en Carnota, trece de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

5308