Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 01 de agosto de 1995 Páx. 6.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, na súa sesión plenaria do 11 de maio de 1995, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar con carácter inicial o plan especial de mellora do medio redactado por este concello por instancia de diversos propietarios de terreos do ámbito a que se refire, que é unha superficie de 15.904 m en Conduzo, entre o núcleo rural, a autoestrada do Atlántico e a zona urbana de Vilaboa, clasificada polo PXOU como solo non urbanizable de núcleo.

O documento inicialmente aprobado sométese a información pública polo prazo de un mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG.

Culleredo, 29 de maio de 1995.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde