Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 01 de agosto de 1995 Páx. 6.142

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4238 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. subterránea entre C.T. Facultade de Humanidades e L.M.T. subterránea entre C.T. Palacio dos Deportes e subestación das Mercés, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., a instalación de liña de media tensión subterránea, a 20 kV, entre C.T. Quintás e o C.T. Facultade de Humanidades, realizarase con tres cables de illamento seco designación U.N.E. D.H.V. 15/25 kV e 1x95 mm Al. O seu trazado será pola Avda. de Alfonso X o Sabio. Liña de media tensión subterránea a 20 kV, desde o C.T. Palacio dos Deportes ata a subestación das Mercés, realizarase con tres cables de illamento seco designación U.N.E. D.H.V. 15/25 kV e 1x240 mm Al, nos extremos del instalaranse terminais de 15/25 kV, o trazado desta liña será desde o C.T. Palacio dos Deportes ó C.T. Agrónomos; do C.T. Agrónomos ó C.T. Xordomudos e do C.T. Xordomudos á subestación das Mercés, en Lugo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 24 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4466