Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 01 de agosto de 1995 Páx. 6.137

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 228/1995, do 28 de xullo, polo que se nomea presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia a Emilio García Gallego, director xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

A Lei 5/1994, do 29 de decembro, de creación do ente público Portos de Galicia, regula no capítulo II a súa estructura orgánica, e recolle no seu artigo 5 os órganos do ente, que son os seguintes:

1º.-O presidente do Consello de Administración.

2º.-O Consello de Administración.

3º.-O director.

No artigo 6 regúlase a figura do Consello de Administración como órgano superior de dirección e xestión do ente público.

Así mesmo, no parágrafo 2 do citado artigo, sinálase que o presidente do Consello de Administración será nomeado polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do conselleiro competente en materia de portos.

Na súa virtude, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, na súa

reunión do día vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear a Emilio García Gallego, director xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuiña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9505336