Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.105

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 14 de xullo de 1995 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio, pola Orde do 1 de marzo de 1995 (DOG nº 52, do 15 de marzo), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, dispón resolve-la citada convocatoria segundo os seguintes puntos:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente orde.

A toma de posesión deberase facer no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que preste os seus servicios o funcionario, ou no prazo de un mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A Xefatura de Persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Da dilixencia efectuada será remitida copia á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

Nº rexistro persoal: 3494849402 A1146.

Grupo: D.

Apelidos e nome: López López, Mª Teresa.

Posto de traballo: secretaria director xeral.

Nivel: 18.

Dependencia: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Localidade: Santiago de Compostela.

5153