Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.067

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 3489 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria.

Esta delegación provincial resolveu autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: liña de media tenslión, a 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón e metálicos de 1.283 metros de lonxitude. Centros de transformación tipo intemperie B2, de 100 kVA o de Manán e 50 kVA o de Rubín, de 20.000 / 380-220 V. Redes de baixa tensión de 2.614 metros de lonxitude e conducdtores R.Z.-95-50-25, para mellora do servicio nos lugares de Lezoce e Rubín no concello de Sarria.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites

que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 24 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4406