Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.065

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

DECRETO 224/1995, do 28 de xullo, polo que se dispón que cese Aurelio Alejandro Alonso Pantoja, como delegado territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro (Lugo).

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Aurelio Alejandro Alonso Pantoja, como delegado territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro (Lugo), agradecéndolle os servicios prestados.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

95-5368