Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da providencia de incoacción do expediente sancionador I-98/1995.1 (Incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador (I-98/1995.1) por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino, podendo recusalos en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente neste Servicio de Defensa Contra Incenidos Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para que poida aportar por

escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente, é competente por razón da contía da multa ó delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados neste Servicio de DCIF sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 2 de maio de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: I-98/95.1

Denunciado: José Manuel Martínez Fernández.

Último domicilio coñecido: Rúa Ribadetea, 17. 36866 Ponteareas.

Feito denunciado: Escape de queima.

Precepto infrinxido: Art. 138 C) do Regulamento á Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento á Lei de incendios forestais.

Sanción: 12.000 ptas.

3906