Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto da liña de M.T. ó C.T. de Pereiras e C.T. de Outeiro, concello da Cañiza, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 153/1989 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co nº 6 do artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo,

sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia do que a urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 135/1995, do 10 de maio (DOG nº 97 do 23), que o día 24 de agosto de 1995, a partir das 11 horas dará comezo ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no Concello da Cañiza, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan.

Na respectiva notificación individual que mediante cédula se lles practicará os interesados serán avisados

coa debida anticipación legal do día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia. Nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa custa, se así o estimasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

Vigo, 12 de xuño de 1995

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9504887