Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1995 pola que se fai pública a adxudicación do expediente número 634/1995, asistencia técnica relativa á dirección de execución e control de calidade do plan extratéxico de comunicacións da Universidade de Santiago de Compostela: Campus de Lugo.

En cumprimento do establecido nos artigos 38 da Lei de contratos do Estado, 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado e 24 do Regulamento de contratación da Universidade de Santiago de Compostela, faise público que o órgano de contratación da Universidade de Santiago de Compostela resolveu adxudicarlle o expediente número 634/1995 á empresa Artel Ingenieros, por un importe de 8.990.000 ptas., IVE incluído.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 1995.

P.D. (Resolución 22-7-1991)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

95-3799