Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado liña M.T. ó C.T. Coupríns-San Vicente do Mar, concello do Grove, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 68/1991 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co nº 6 do artigo

31 do regulamento da Lei 10/1966, de 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, de 20 de outubro, faise saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia do que a súa urxente ocupación foi otorgada polo Decreto 154/1995, do 18.5.1995, (DOG nº 105, do 2.6), que o día 31.8.1995, a partir das 11 horas po representante da administración dará comezo ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no Concello do Grove, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan previndo ós ditos interesados que na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles practicará, coa debida antecipación legal, o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndolles tamén, que nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, á súa custa, se así a considerasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e os desta delegación.

Vigo, 12 de xuño de 1995

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4023