Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.878

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 216/1995, do 20 de xullo, polo que se dispón que cese, por petición propia, Justo González Ballesta, como delegado provincial da consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Pontevedra.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xullo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Justo González Ballesta, como delegado provincial da consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Pontevedra, agradecéndolle os servicios prestados.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuiña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-5245