Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 16 da L.M.T. existente Mourente-Caeira ata o C.T. que se proxecta en Igrexa-Lourizán, concello de Pontevedra.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 35 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56.
C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.
R.B.T., aérea, de 625 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de fibra de vidro.
Orzamento: 4.398.376 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 31 de maio de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-04682