Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.855

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1995, do tribunal que xulga as probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, pola que se corrixen erros na Resolución do 3 de xullo de 1995 (DOG nº 138, do 19).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG número 138, do 19 de xullo de 1995, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 5.808, no encabezamento da resolución, onde di: «...pola que se fai pública a relación definitiva de aprobados...», debe dicir: «...pola que se fai pública a relación de aprobados na fase de oposición...».

Na páxina 5.808, a continuación da relación de aprobados, debe engadirse o seguinte parágrafo: «De acor

do co disposto na base VI.1, os opositores máis arriba relacionados, deberán presentar na Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e nun prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da presente correción, a documentación a que se refire a citada base da convocatoria (DOG nº 240, do 15 de decembro de 1993)».

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1995.

María Casais Mira

Presidenta do tribunal

5209