Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1995 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso público para a realización dun estudio sobre o sector artesanal en Galicia e, como consecuencia do estudio, a edición dunha guía de artesanía de Galicia e un catálogo de comercialización.

Por resolución desta consellería, do 27 de marzo de 1995, publicada no DOG nº 75, do 19 de abril, convocouse concurso público para a realización dun estudio sobre o sector artesanal en Galicia e, como consecuencia do estudio, a edición dunha guía de artesanía de Galicia e un catálogo de comercialización.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e por proposta da Mesa de Contratación, constituída para o efecto, o titular da consellería resolveu adxudica-lo concurso de referencia á empresa Estudios y Proyectos Técnicos Industriales, S.A. (Eptisa), por un importe de dezaoito millóns de pesetas (18.000.000 de ptas.), incluído o IVE.

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

95-04657