Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.820

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación y Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 998/1985, interposto por Matilde A. Careaga Martínez.

O día 20 de xuño de 1995 a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitiulle á Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o expediente administrativo correspondente ó recurso contencioso-administrativo número 998/1985, interposto por Matilde A. Careaga Martínez, contra resolución da Dirección Xeral de Persoal desestimatoria da pretensión da recorrente sobre valoración como mérito docente e complemento específico ó seu labor de mestra de Educación Especial.

En cumprimento do requirimento da presidencia da sala e o disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, faise público para que tódolos interesados no procedemento, dos que se descoñece a súa identidade, poidan comparecer e presentarse en autos, no prazo de nove días, perante a sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Justicia de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación y Ordenación Universitaria

95-4820