Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 19 de xullo de 1995 Páx. 5.793

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CONFLICTOS positivos de competencia números 450/1987 e 601/1987 acumulados, promovidos pola Xunta de Galicia e o Consello Executivo da Xeneralidade de Cataluña, en relación co Real decreto 2466/1986, do 28 de novembro, e outras.

O Tribunal Constitucional, por auto do 20 de xuño actual, acordou declarar concluído o conflicto positivo de competencia número 450/1987 promovido pola Xunta de Galicia fronte ó Real decreto 2466/1986, do 28 de novembro, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, sobre procedemento para determina-las cantidades de referencia previstos no Regulamento CEE 804/1968, polo que se establece a organización común de mercados no sector do leite e productos lácteos, e dar por desistido ó Consello Executivo da Xeneralidade de Cataluña, do conflicto positivo de competencia número 601/1987, acumulado ó anterior, promovido polo dito consello en relación coa Orde do 27 de xaneiro de 1987, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, pola que se instrumenta a presentación das declaracións obrigatorias de gandeiros productores e compradores de leite de vaca e outros productos lácteos .

Madrid, vinte de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Álvaro Rodríguez Bereijo

Presidente do Tribunal Constitucional

4861