Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4303 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.L. (BEGASA), r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: reelectrificación da parroquia de Orzabai (Lugo).

Finalidade: mellora da subministración eléctrica na zona.

Características principais: liñas de media tensión a 20 kV, de 333 y 462 metros de lonxitude con conductor LA-56 de 55 mm de sección, sobre apoios de formigón vibrado e torres metálicas tipo C segundo RU-6701A. As liñas proxectadas entroncarán na L.M.T. ó C.T. de Torre e L.M.T. ó C.T. de Penarrubia e rematará nos proxectados CC.TT. de Orzabai e Vilar de Cabalo. Dous centros de transformación de 100 e 50 kVA 20.000/380-220 V, instalado sobre unha torre metálica ó final da liña de media tensión nos lugares de Orzabai e Vilar de Cabalo. Liñas de baixa tensión, en conductor R.Z.-95-50-25 tensados sobre apoios de formigón ou grapados sobre fachadas, que alimentarán os lugares de Orzabai, Torre e Vilar de Cabalo, no concello de Lugo.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 27.431.991 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas,

no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 11 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-4584