Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.745

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001022/1995, interposto por Federación Regional de Servicios Públicos-UGT.

O 30 de maio de 1995, a Dirección Xeral da Función Pública, recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001022/1995, interposto pola Federación Regional de Servicios Públicos-UGT contra, acordo do Consello da Xunta de Galicia de data 17 de novembro de 1994, sobre regulación de horario de traballo do persoal pertencente ó colectivo de veterinarios.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola

Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento que son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

95-04421