Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.723

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (121/1991).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira tramítase expediente de prevención de ab intestato baixo o nº 121/1991, no cal se acordou anuncia-la morte sen testar de Mercedes Surez Tuñas, filla de Cipriano e de Manuela, natural de Negreira (A Coruña), falecida nesta localidade o día 9 de abril de 1991, sen outorgar testamento, polo que de conformidade co artigo 998 da Lei de axuizamento civil, chámase a toda persoa que se crea con dereito á herdanza da causante para que compareza perante este xulgado a reclamala dentro do termo de dous meses, con apercibimento de terse por vacante a herdanza se ninguén a solicitase.

O que se publica para os fins acordados.

Dado en Negreira o sete de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Mª Luisa Montejo García

Secretaria xudicial

5091