Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.718

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4180 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense , en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. y

R.B.T. en Toldaos e Alfoz, no concello de Triacastela, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación dunha liña de media tensión a 20 kV, con conductores LA-56/54,6, apoios H/3, cunha lonxitude de 214 metros. Un centro transformación intemperie cunha potencia de 50 kVA, 20.000/380-220 V. Unha rede de baixa tensión cunha lonxitude de 790 metros, conductores R.Z-95-50-25 m, para mellora do servicio nos lugares de Toldaos e Alfoz, no concello de Triacastela.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 28 de abril 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-04061