Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 16 de maio de 1995, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a aquelas persoas que deberán aportar documentos ó Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós expedientes que se citan para proceder ó seu trámite (Canto Alija, María Ángela e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime jurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase relación das persoas cos datos e último domicilio coñecido que se sinala, para que procedan a aportar-los documentos requiridos polo Servicio de Xestión Tributaria desta Delegación Territorial de Economía e Facenda de Vigo, plaza de Compostela, 26.

Para proceder a ultima-la tramitación dos expedientes que se citan deberán, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta cédula, xunta-la documentación enumerada. Transcorrido o mesmo sen que se cumpra co trámite, procederase á imposición de sancións establecidas no artigo 83 da Lei xeral tributaria, en relación coa lexislación deste imposto.

Nome e apelidos do contribuínte: Alija Canto, María Ángela.

Domicilio: Illas Baleares, 23, Vigo.

Documentos a presentar: beneficiario seguro Uniber.

Nome e apelidos do contribuinte: Martínez Basalo, Eladio.

Domicilio: Aragón, 5, Vigo.

Documentos a presentar: valoración individualizada bens da escritura número protocolo 554 notario: Alfonso Zulueta de Haz.

Vigo, 16 de maio de 1995.

Pedro Arboli Albarracin

Delegado territorial de Vigo

3957