Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.695

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (60/1995).

Pola presente cédula, que expido en méritos do acordado nos autos de xuízo de faltas 60/1995, sobre inxurias, cítase a Juan Carlos Lema Balsa, en concepto de denunciado, co fin de que o día 26 de xullo de 1995, ás 11.15 horas, compareza perante a Sala de Audiencia do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, rúa Algalia de Abaixo nº 24-1º, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, debendo verificalo acompañado de cantos medios de proba intente valerse, prevíndoo de que, en caso de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que conste e sirva de citación a Juan Carlos Lema Balsa, cos apercibimentos acordados, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Santiago de Compostela o vintesete de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

4850