Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.676

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4204 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95-Monforte, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Espaílde, no concello de Guitiriz, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación dunha liña de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 1.531 m, uns conductores LA-56, con apoios de formigón. Un centro de transformación aéreo-intemperie, cunha potencia de 50 kVA 24/20 kV-380/220 V. Unha rede de baixa tensión de 20 m de lonxitude e conductores R.Z.-95-54, para mellora do servicio en Espaílde, no concello de Guitiriz.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 27 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-4276