Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 30 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para execución de instalacións eléctricas. (Expedientes números 52502 e 52644).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación por Decreto 80/1995, do 10 de marzo, (Diario Oficial de Galicia de data 23 de marzo de 1995), dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica, a 15/20 kV a Pedra-Gándara e a centro de transformación en Sobreira, ambas no concello de Zas, das que é propietaria e beneficiaria deste procedemento expropietario a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004, A Coruña; faise saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que se lles practicará notificación individual para tal efecto, que polo representante da Administración darase comezo sobre o terreo, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polas ditas instalacións, contidos na relación publicada no BOP da Coruña de data 29 de decembro de 1994, o día 24

de agosto de 1995, a partir das 11 horas da liña Pedra-Gándara, e a partir das 12 horas da liña ó centro de transformación de Sobreira.

Advírtese ós interesados que no día e hora sinalados para o levantamento das actas, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa custa, e formular ante esta delegación ata aquel momento, as alegacións para os únicos efectos de subsanar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 30 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-03905