Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1995, da Delegación Provincial en Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4325 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración, de utilidade pública dunha instalación que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barrás Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. r/Cidade de Viveiro, 4, 1º, Lugo.

Situación: concello da Pastoriza, Pol e Castro de Rei.

Finalidade: mellora-la subministración de enerxía eléctrica nos concellos da Pastoriza, Pol e Castro de Rei.

Características principais: liñas de media tensión a 20 kV de 1.440, 2.240 e 1.407 metros de lonxitude con condurctor LA-110 de 116.2 mm de sección sobre apoios de formigón vibrando e torres metálicas, tipo C segundo RU-6704A e tipo Olmo. As L.M.T. proxectadas entroncarán na L.N.T. cuádruple circuíto saída subestación de Meira e rematará na L.N.T. Castro de Rei-Mosteiro, no lugar de Viladonga, para cerre de circuítos Torneiro-Reguntille, nos concellos da Pastoriza, Pol e Castro de Rei.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 18.323.000 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, r/Pascual Veiga, 12-14, e formulárense ó mesmo tempo as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 23 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Conselleiro de Lugo

95-4476