Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 202/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: no centro de seccionamento denominado Enrique Lorenzo, en Guixar, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: subministrar enerxía a Sogama.

Características principais: ampliación do centro de seccionamento existente con dúas celas de liña de media tensión.

Orzamento: 1.219.768 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas,

no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 19 de maio de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-4266