Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o último apoio da L.M.T. existente de saída da subestación de Cambados ata o C.T. de Pontiñas, concellos de Ribadumia e Meis.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 2.454 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 e LA-110, sobre apoios metálicos e de formigón.
Orzamento: 9.160.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa
Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 9 de maio de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-4279