Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Sestelo y Cía S.A., con domicilio en Ponteareas no que solicita autorización para instalar un centro de trnsformación e distribución en Meirol, concello de Mondariz, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,
Autorizar a Sestelo e Cía S.A. a instalación dun centro de transformación e distribución en Meirol, concello de Mondariz.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 18 de abril de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-4345