Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle V-02 Buenos Aires.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 20 de xuño de 1994, o estudio de detalle V-02 Buenos Aires, sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no DOG, BOP, Faro de Vigo e taboleiro da Casa do Concello.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 25 de agosto de 1994.

Dolores Villarino Santiago

Alcaldesa accidental