Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARALLA

ANUNCIO.

No BOP nº 105 do 9 de maio de 1995 aparecen publicadas a convocatoria e bases que rexerán o concurso para prover por persoal laboral fixo unha praza de operario de servicios múltiples, e o concurso-oposición polo sistema de promoción interna de unha praza de administrativo de Administración xeral.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais a partir do seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a estas convocatorias publicaranse soamente no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Baralla, 10 de maio de 1995.

Manuel J. González Capón

Alcalde

4968