Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.591

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4156 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en rúa Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Seixón y Sabadelle, no concello de Portomarín, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña media tensión Sabadelle a 20 kV, cunha lonxitude de 2.086 metros, conductores LA-56, apoios metálicos e de formigón. Liña media tensión Seixón de 20 kV, cunha lonxitude de 690 metros, conductores LA-56. Dous centros de transformación aéreos, cunha potencia de 50 kVA cada un 20.000/400 kV. Rede de baixa tensión en Sabadelle, cunha lonxitude de 20 metros, conductores R.Z.-95. Rede de baixa tensión Siexón, cunha lonxitude de 25 metros, conductor R.Z.-95, para mellora da subministración nos lugares de Seixón e Sabadelle, no concello de Portomarín.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 5 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-3811