Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.590

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4223 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en rúa Ciudade de Viveiro, 4-1º, Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. subterránea e C.T. edificio Promociones y Alojamientos del Cantábrico, S.A., rúa Recarei, Ribadeo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable de 1x95 mm Al, designación UNE D.H.V. 15/25 kV, de 830 metros de lonxitude. Centro de transformación de 1x630 kVA 20.000±5%, 398-220 V, para subministración do edificio Promociones y Alojamientos del Cantábrico, S.A., en rúa Recarei, no concello de Ribadeo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 3 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-3674