Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 12 de xullo de 1995 Páx. 5.589

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4206 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en rúa Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar R.B.T. en Paredes, Aira, Igrexa y Romariz, no concello do Incio, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de redes de baixa tensión cunha lonxitude de 1.510 metros e conductores R.Z.-95-50-25, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachada, para mellora do servicio nos lugares de Paredes, Aira, Igrexa e Ramariz, no concello do Incio.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 27 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-3613