Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en rúa Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Lourido, no concello de Samos, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña de media tensión a 20 kV, conductores LA-56/54,6, apoios H/13, cunha lonxitude de 1.230 metros. Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 50 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión, cunha lonxitude de 770 metros e conductores R.Z.-95-50-25 para mellora do servicio na zona de Lourido, no concello de Samos.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 26 de abril de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
95-3611