Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto da liña de M.T. ó C.T. de Liñares, concello de Poio, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 120/1988 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co nº 6 do artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo,

sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia, declarado de urxente ocupación polo Decreto 153/1995, do 18-5-1995 (DOG nº 105, do 2-6-1995) que os días e horas que abaixo se relacionan, o representante da Administración dará comezo ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no concello de Poio, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan.

Na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles practicará, os interesados serán avisados coa debida anticipación legal do día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia. Nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa custa, se así coiden conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

LiñaPrediosDataHoraConcello

Liñares1A a 181-8-199511Poio
Liñares19 a 322-8-199511Poio
Liñares33 a 473-8-199511Poio
Liñares48 a 694-8-199511Poio

Vigo, 12 de xuño de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra