Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: na estrada nacional EN-550 A Coruña-Vigo-Tui, no tramo Redondela ó Porriño, concello de Redondela.
Finalidade da instalación: desvío instalacións a petición da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
Características principais: redes de baixa tensión, aérea, de 1.990 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 7.238.007 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 9 de maio de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-4282