Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 181/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Granitos triturados do Porriño, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o D.9-1020 da L.M.T. 07-05 denominada Tibo-Curro, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., ata o C.T. que se proxecta en San Lourenzo-Nogueira, concello de Meis.

Finalidade da instalación: subministrar enerxía á planta de machacamento.

Características principais: L.M.T., a 20 kV, de 100 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón C.T. de 800 kVA, relación de transformación 20 kV-398/220 V.

Orzamento: 6.825.306 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 4 de maio de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-4293