Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1995 do grupo de portos A Coruña Norte, pola que se somete a información pública o proxecto de nave para reparación de redes no porto de Pontedeume.

En cumprimento do disposto no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, sométese a información pública o proxecto de nave para reparación de redes no porto de Pontedeume, para que os afectados pola expropiación recollida no dito proxecto, poidan presenta-los seus escritos coas alegacións que consideren oportunas nas oficinas do grupo de portos Coruña Norte, sitas na Avda. Alférez Provisional nº 1, 1º na Coruña, onde se encontra exposto o expediente de que se trata, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do siguiente ó da publicación do presente anuncio.

A Coruña, 15 de xuño de 1995.

Manuel García Blanco

Enxeñeiro xefe do Grupo de Portos Coruña Norte

95-4913