O artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude:
RESOLVO:
1.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da canteira de aridos Las Viñas, situada no lugar de Apila dos Marcos, no concello das Somozas, Provincia da Coruña.
2.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
-Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
-Delegación Provincial da Consellería de Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da Provincia da Coruña.
-Concello das Somozas.
3.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.
4.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1995.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente
3744