Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.552

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 24 de maio de 1995 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Advertidos erros na orde publicada no DOG nº 120, do 23 de xuño de 1995, cómpre efectua-las seguintes rectificacións:

-Na páxina nº 4.944, ó final do primeiro parágrafo, onde di: «... pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a funcionarios...», debe dicir «...pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a estes funcionarios...».

-Na páxina nº 4.951, columna da dereita, apartado B) do baremo, onde di: «...ou curso de linguaxe administrativa galega...», debe dicir: «...ou curso básico de linguaxe administrativa galega...».

-Na páxina 4.955, anexo II, onde di: «(1) Enviar unha solicitude ó presidente/a da corporación local cun que se solicite no concurso», debe dicir: «Enviar unha solicitude ó presidente/a da corporación local correspondente ó posto que se solicite no concurso».

-Na páxina 4.957, onde di: «Anexo II», debe dicir: «Anexo III».

95-3806