Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.541

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000871/1995, interposto por Sindicato de Auxiliares de Enfermería.

O 19 de maio de 1995, a Dirección Xeral da Función Pública, recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000871/1995, interposto por Sindicato de Auxiliares de Enfermería contra silencio administrativo por parte da Comisión Permanente de Selección da Consellería da Presidencia e Administración Pública a reclamación interposta o 26-9-1994, sobre exclusión nas listas definitivas aprobadas para a cobertura carácter temporal administración autonómica.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento que son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

95-03999