Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.540

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1995 pola que se dispón o cesamento no cargo de xefa do Servicio de Inspección da Universidade de Santiago de Compostela, de María Consuelo de la Peña Costoya.

No uso das facultades conferidas no artigo 63 dos estatutos desta universidade, e de conformidade co establecido no artigo 16.3º do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional, promoción interna,

Este rectorado acordou cesar a Mª Consuelo de la Peña Costoya, DNI 33.230.634, como xefa do Servicio de Inspección da Universidade de Santiago de Compostela, con efectos económicos e administrativos do 30 de xuño de 1995, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1995.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

4732