Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 07 de xullo de 1995 Páx. 5.398

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000644/1995, interposto por FETE-UGT.

O 3 de maio de 1995 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primera da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000644/1995, interposto por FETE-UGT contra o Decreto 75/1995, do 10 de marzo de 1995 (DOG do 28).

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, remitirlle o correspondente expediente administrativo á devandita sala, o cal se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan constituírse en parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 días.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-03738