Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 06 de xullo de 1995 Páx. 5.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para contrata-la subministración de material diverso (oficina, informático, de laboratorios...) para equipamento docente de laboratorios (expediente número 019/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, por procedemento aberto, da subministración que a continuación se indica:

Obxecto: material diverso (oficina, informático, de laboratorios...) para equipamento docente de laboratorios (expediente número 019/1995).

Orzamento de licitación: 45.150.000 ptas., IVE incluído.

Garantías: provisional, 2% do importe de licitación correspondente ó/ós lote/s a que se concorra; definitiva, 4% do importe de licitación ó/ós lote/s dos que resulte adxudicatario.

Prazo de entrega: un mes segundo o indicado no prego de cláusulas.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Univaersidade de Vigo, rúa Oporto, 1-2ª planta C.P 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 ás 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1, planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 ata as 13 horas ós sábados.

Data de envío ó D.O.C.E.: 23 de xuño de 1995.

Prazo de presentación: o prazo límite para a recepción das ofertas rematará o día 14 de agosto de 1995 ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, rúa Oporto, 1-Vigo (Pontevedra) ás once horas do día 17 de agosto de 1995.

Acreditación da capacidade de obrar e das condicións mínimas de solvencia económica, financeira e técnica polo licitador:

-Capacidade de obrar: acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas.

-Solvencia económica e financeira: declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Tratándose de sociedades presentación de balances ou extractos de balances se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidos.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos a subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, o seu importe, datas e destino público ou privado, incorporando os seus correspondentes certificados.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens que se van subministrar, fíxase en un ano. Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo da/s empresa/s adxudicataria/s.

Vigo, 23 de xuño de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo